Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O martes 23, debate electoral aberto entre os candidatxs de Ponteceso na Casa dos Veciños do Couto

Debate Ponteceso 2023 copia
O martes 23, debate electoral aberto entre os candidatxs de Ponteceso na Casa dos Veciños do Couto

Este martes 23 de maio de 2023, ás 20:00h, a Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso) convertirase nun Ágora. QPC organiza un debate electoral público e aberto á veciñanza, coa colaboración da Asociación de Veciños Monte Branco. A entrada será libre, como o debate que realizaremos o luns no Centro Cívico de Malpica.

O debate estará moderado por Ubaldo Cerqueiro e está confirmada a participación de José Manuel Mato (PP), José Manuel Pose (APIN-Espazo Común), Fátima Rodríguez (BNG) e Juan Vidal (Partido Galego).

Levamos un mes contactando co actual alcalde e candidato socialista Lois Carballido pero non temos confirmación, nin negativa, sobre a súa presenza. Ademais, o candidato Roberto Andrade (Adiante por Ponteceso), condiciona a súa participación á presenza do alcalde.

Paralelamente, Óscar de Souto (UCIN) rexeitou participar en calquera debate político ou mitin.

Será retransmitido en directo pola Canle de Youtube de Quepasanacosta.

Comentarios