Martín Varela inicia, sen patrocinio, a tempada de tenis en cadeira de rodas 2011 en Italia

21:27 15/03/11

Obxectivos
Martín Varela márcase como obxectivos para esta tempada: realizar un bo papel na Copa do Mundo e participar en todos os torneos internacionais que lle sexa posible, para loitar por unha praza no equipo nacional para participar no próximo ano nas Paraolimpiadas de Londres.Buscando patrocinios
Para intentar alcanzar estes obxectivos, Martín aínda non ten un patrocinio que lle asegure contar co orzamento necesario para afrontar este duro ano no que terá que viaxar por varios continentes de aquí a final de ano.Salto na carreira
A tempada 2011 será clave na carreira deportiva do cormelán, xa que para conseguir un bo ranking internacional deixará de lado os torneos nacionais e terá que competir cos mellores tenistas en cadeira do mundo. Para iso, Martín realizou dous duros meses de pretemporada coa intención de chegar nas mellores condicións á Copa do Mundo, que se celebra a finais de abril en Sudáfrica. Na súa preparación para esta cita, competirá en Cuneo (Italia), Cataluña e Marbella, e non poderá acudir á última cita preparatoria a Israel por falta de orzamento.Novas relacionadas
Máis novas
- Martín Varela pecha o ano cun novo torneo e xa prepara o Masters.
- Martín Varela alcanzou as semifinais en Valencia e xa pensa no Master.
- Martín Varela volve ás pistas tras 3 meses de lesión e busca a Paraolimpiada.
- Martín Varela é todo un exemplo de deportista con Moito Valor.
- Martín Varela continúa rodándose en torneos internacionais.
- Martín Varela gaña o Open de Huesca e dous novos patrocinadores.
- Un cormelán na Copa do Mundo.
- Martín Varela prepara a Copa da Mundo en Israel.
- Martín Varela iniciou a campaña internacional preparando a Paraolimpiada.
- Martín Varela comeza ben a tempada ata en terra batida.
- O cormelán Martín Varela comeza a tempada ca selección española .
- Martín Varela reafírmase no Master como un dos mellores tenistas de España.
- Martín Varela xa é o número 1 do ranking nacional.
- Martín Varela gaña o seu primeiro Open Internacional e foi convocado coa selección española.
- A bitácora da semana (XXXVI): A bitácora de Martín Varela.