Melloran a sinalización de tráfico preto dos centros escolares de Ponteceso
06:01 03/03/17
Que importante son as sinais de tráfico arredor dos centros de ensino. Unha carencia que notaron en Ponteceso, e que a concellería de Educación do Concello de Ponteceso tenta solventar para mellorar a seguridade do alumnado nestas áreas. Así, despois de realizar diferentes xestións coa xunta, conseguiron unha ampliación e mellor visibilidade dos sinais de tráfico neste sentido.
Como consecuencia e desde hai pouco estes sinais xa están situados nos lugares máis axeitados das inmediacións do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e do CEIP As Forcadas de Corme para informaren as persoas condutoras máis claramente.
Fonte
- Concello de Ponteceso.