“As mellores conversas nacen no Campo da Festa”
Se as comisións de festas da comarca escribiran un libro… A de cousas que lle pasa cada mes previo á súa festa aos membros de cada comisión da comarca e de todo o país. Ese grupo de rapaces e rapazas, ou non tanto, que se pelexan casa por casa, perdendo tempo e diñeiro, para conseguir cartos para que a súa aldea teña unha festa en condicións. Molladuras, respostas chungas, excusas baratas, silencios, esixencias, carreiras, burrocracia, denuncias…
Que sirva esta nota como homenaxe a todas elas, como así queren facer con esta nova iniciativa as bravas da Comisión de Festas da Pilarica. Como cada vez é máis complicado facer cartos, pensaron fórmulas para sacar adiante as festas, e crearon estas fermosa totebags coa lenda “As mellores conversas nacen no Campo da Festa”.
Unha frase coa que tratan de implicar a todo un país, poñendo en valor o Campo da Feira como ese espazo no que pasan as cousas máis importantes da vida. Ese espazo onde nos criamos no parque infantil ou na pista, onde fixemos os primeiros botellóns, onde botamos os primeiros e os últimos bailes gracias ás máxicas verbenas.
As bolsas custan 10 euros e para conseguilas podes falar directamente cos membros da comisión ou a través de IG (@festas_da_pilarica ou Facebook da comisión.
Tamén ás tes en:
- Peluquería Maravillas
- Bar Abeiro
- Bar Faldra Folk
- Panadería Forniños
As Festas da Pilarica, a finde que vén
A comisión ultima todo para as Festas da Pilarica da Trabe, Tella, Ponteceso, que se celebran venres 11 e sábado 12 de outubro.
Máis novas