Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A misionera pontecesá María Teresa Andrade, recibe a insignia da Cruz Oficial da Orde de Isabel la Católica

Maria Teresa Andrade Teresa co xefe do poboado Kavala e a súa muller
María Teresa Andrade Teresa co xefe do poboado Kavala e a súa muller
A misionera pontecesá María Teresa Andrade, recibe a insignia da Cruz Oficial da Orde de Isabel la Católica

O Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares vén de entregar o título e insignia da Cruz Oficial da Orde de Isabel la Católica a María Teresa Andrade. Esta misioneira de María Mediadora, nada en Langueirón (Ponteceso), leva toda unha vida dedicada a axudar aos demais por todo o mundo, e empredeu o camiño de volta a Galicia o pasado mes de xuño.

”A labor solidaria de María Teresa é merecedora do recoñecemento outorgado, o cal serve tamén como recoñecemento do labor realizado por persoas "anónimas" ao longo de toda a súa vida na axuda á xente máis desfavorecida”, explica Ricardo Baamonde Couto, Presidente Asociación Operación Pangono Pangono.

O seu principal foco de acción é Malawi, onde é toda unha institución. Chegou a este país africano no ano 1986 onde permaneceu, nesta primeira etapa, ata o ano 2000. En Malawi, á súa chegada no 1986, fíxose cargo da dirección do Hospital Rural de Mlale. Xa no ano 1991 funda a Misión Saint Mary's, tamén coñecida polo nome do pequeno poboado onde está situada, Chezi. Saint Mary's é amplamente coñecida en Malawi ao contar cun dispensario médico, servizo de ambulatorio e medicina preventiva, hospital de desnutridos e fogar para nenas e nenos orfos, todo nunha das zonas máis desfavorecidas de Malawi.

Xa no sécul XXI, logo de traballar noutras misións polo mundo adiante, incluída a permanencia en España para presidir a Fundación Esteban Vigil, regresou a Malawi de novo no ano 2018 para facerse cargo das misións das Misioneras de María Mediadora en Malawi. Logo de máis 35 anos desde a primeira vez da súa chegada, Teresa regresou este ano a España con outros cometidos dentro da congregación e un pouco motivado polo delicado estado dos seus xeonllos, xa operados en varias ocasións.

Toda esta labor humanitaria en Malawi xa foi recoñecida pola Deputación de Sevilla coa entrega da medalla de ouro en 2015.

Na actualidade xa están en marcha en Galicia varias iniciativas para o recoñecemento por parte de institucións públicas galegas do seu labor humanitario desenvolvido ao longo de toda unha vida.

Kavala é o poboado onde está situada a misión de Sant Mary's. Xunto coa foto da portada, Teresa enviou aos amigos da Asociación Operación Pangono Pangono, este texto: Me siento agradecida a Dios por haberme regalado la oportunidad de compartir mi vida con este pueblo al que amo como mío. El jefe del poblado me dijo: ¿por qué te vas?, este es tu pueblo.
 

Comentarios