“Os nenos felices, os avós felices”

Voluntariado senior da Escola de veran do Couto

Así respondían ás cámaras da TVG (ver aquí a reportaxe da Wscola de Verán a partir do m.55:30) na súa visita a semana pasada. Pero é que non hai máis que velos cada mañá cun sorriso xigante axudando que a Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal se desenvolva con normalidade.

Son Alfonso, Manolo, Jaime, José María, Luis, Jose, Aurora, Rosa, Susana, Teresa e Lola, unha ducia de voluntari@s sénior que representan mellor que nada o sentimento de Comunidade que reina na aldea gala do Couto. Esa comunidade que fai que a veciñanza as portas das súas casas para convertilas en aulas, ceda as súas eiras e leiras para facilitar o aparcamento ou para acoller eventos como o Escoliña Fest ou o Festiletras. Esa comunidade que fai que un carpinteiro convirta un cabazo nun cine ou que sexan os pais e nais do alumnado os que monten un palco ou engalanen a vila con carteis.

Vémolos todos os días controlando o tráfico nas estreas ruelas da aldea, calmando as ansias das familias para impedir que entren antes de tempo na zona da Fundación a recoller ás crianzas, aprendéndolle a coser, a debullar o millo, a plantar na horta… ás criaturas da Escola de Verán, o mellor campamento do planeta. E boa parte de culpa téñena el@s, os maiores do Couto.

Os maiores de Couto no Escoliña Fest dándoo todo

Pero ademais de traballar, vímolos tamén o pasado divertirse coma nen@s no emotivo #EscoliñaFest, pegándose dende un pasodoble, a un flamenco coa versión de C. Tangada.

Fermosa demostración de implicación dun pobo nas actividades, gracias ao respecto coa que Fundación Eduardo Pondal realiza cada unha das súas accións.

NOVAS RELACIONADAS