O #EscoliñaFest, o talentazo do Couto

Non paramos de falar do Couto estas semanas, pero é que a vida xerada neste mes de agosto na aldea pontecesá así o merece. Este venres 25 de agosto, a unha semana do remate da mellor escola de verán do planeta (pasarán a última semana de campamento na praia de Valarés), celebrábase o Escoliña Fest.
Un milleiro de persoas (aos 300 cativ@s e ás 50 persoas entre monitoras, voluntari@s… hai que sumarlle as familias) déronse cita nun prado na parte da aldea (outra demostración de colaboración veciñal, xa que a praza do centro do lugar quedaría pequeno) para ver a actuación dos pequen@s. Ao longo destas semanas tiveron sesións de baile con Pablo e Noelia, que puxeron en práctica en riba do escenario con máis ou menor destreza, pero sempre con alegría e diversión e coa temática festivaleira como fío condutor.
Arrincaban os pequeniños co mítico “fun ao mercado”, pero aos que querían comer as familias eran a el@s. Pouco a pouco foron pasando todas as aulas, lanzando un funki, un trap, ou calquera música contemporánea que goce dun baile. Destacar o baile do pequeno cormelán Héctor, que encheu o escenario coa súa propìa coreografía. Pero o mellor estaba por chegar.

Os voluntari@s sénior lanazron un par de pasodobles, e abriron o ambiente para o playback de C. Tangada, con todo o monitorado flamenqueando e gozando sobre o escenario. Porque este #EscoliñaFest é a gran festa desas 50 bravas monitoras que lle aprenden ás crianzas e aprenden entre elas. Dende o OG de DKTC con pina en man a modo de micro, a Terbutalina ou Baiuca, pasando pola demostración dos profes de baile, Pablo e Noelia, que teñen algo no corpo que lles permite moverse dun xeito alucinante.
Bravo pola Fundación Eduardo Pondal, a gran ardamanzas deste forno de creatividade e talento, e por ese monitorado que ten nesta cita o seu día de festa.

NOVAS RELACIONADAS
- 2023: “A miña clase é unha casa”.
- 2023: O Tornarratos, o “cine máis pequeno do mundo”.
- 2023: Así foi a presentación do Festiletras.
- 2022: “Estar na Escola de Verán do Couto é sentirte parte dun fío cada vez máis forte; fío de valorar o noso, fío de confraternidade e apoio”.
- 28-08-2022: O festival da Escola de Verán do Couto, un mar de talento interxeracional.
- 02-08-22: 265 rapaces de disfrutan do luxo da Escola de Verán do Couto
- 2021: 160 nen@s disfrutan da Escoliña de Verán do Couto, a envexa do país
- 2018: A Escola de Verán do Couto, o campamento de verán que toda cidade quixera ter.