Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Tornarratos, o “cine máis pequeno do mundo”

Tamara Lema e Iago Espasandin no Tornarratos do Couto
Tamara Lema e Iago Espasandín no Tornarratos
O Tornarratos, o “cine máis pequeno do mundo”

No marco da presentación do Festiletras, puidemos comprobar a última intervención singular da xente do Couto.

O cabazo sito na eira da Fundación Eduardo Pondal vén de convertirse no “cine máis pequeno do mundo”. Para estrear o chamado Tornarratos, de feito, disfrutamos dun contiño de Tamara lema e Iago Espasandin, dous creadores da comarca que sempre colaboran coa entidade.

Autoridades no tornarratos
Autoridades no tornarratos
Sergio Sinde e o carpinteiro do Tornarratos
Xosé María Varela con Sergio Sinde

Foi o carpinteiro Sergio Sinde, o creador desta singular estrutura de madeira de piñeiro que ofrece un novo espazo de lecer para as actividades que desenvolve a aldea gala da cultura galega. Natural de Malpica, está casado no Couto e as súas crianzas van á marabillosa escola de verán. De aí a súa colaboración, aproveitando as vacacións, noites, fins de semana… para desenvolver este complicado traballo, polo pequeno do espazo. Sinde amósase tremendamente orgulloso do movemento que se xenera nunha vila na que os nen@s que hai durante todo o ano se conta cos dedos dunha man.

Novas relacionadas

Comentarios