Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Néstor Rego vén falar das alternativas á inflación a Corme

Miguel, Fátima e Martín-BNG ponteceso
Miguel, Fátima e Martín, do BNG ponteceso
Néstor Rego vén falar das alternativas á inflación a Corme

Hoxe, vindeiro venres 13 de maio ás 20:30 a asemblea local do BNG de Ponteceso organiza un acto público na Cofraría de Pescadores de Corme no que participará o Deputado das Cortes Xerais do BNG, Néstor Rego. No acto participarán ademais, Carolina Castiñeiras, viceresponsábel comarcal do BNG de Bergantiños e Fátima Rodríguez, militante do BNG de Ponteceso e membro da asemblea local.

O acto leva por título Fronte á inflación hai alternativa, fagamos valer Galiza. O obxectivo do acto é o de trasladar a batería de medidas xustas e urxentes que a organización nacionalista ten para combater as consecuencias da suba disparatada dos prezos na economía e na sociedade galega.

O BNG propón unha baixada selectiva do IVE de determinados bens e servizos como os alimentos, medidas urxentes para intervir o sector eléctrico e unha aposta firme por unha factura eléctrica galega. Incremento das pensións e salarios e a
intervención pública no mercado da vivenda para facilitar o acceso da xente nova e as rendas máis baixas á vivenda. Así como medidas específicas para a mocidade no mercado laboral e na mellora das súas condicións de traballo.

Cartaz do acto - Ponteceso

Comentarios