NÓS-Candidatura Galega colle vantaxe na Costa na carreira das esquerdas ao Congreso
Tempos de movida na esquerda galega. A varios meses das eleccións autonómicas, as diferentes listas de esquerdas txa comezan a facer campaña unhas en contra das outras. O dixital GaliciaConfidencial fai unha boa análise da situación, mentres pola Costa da Morte parece que a candidatura liderada polo BNG con outras cinco forzas políticas, NÓS-Candidatura Galega, parece que superará á lista das Mareas.
Esta pasada fin de semana, 55 persoas afiliadas apoiaron a Carlos Callón, ex presidente da Mesa pola Normalización, para liderar a lista ao Congreso dos Deputados. As 55 persoas censadas tamén votaron para escoller ao resto dos integrantes das candidaturas ao Congreso e o Senado pola provincia da Coruña. Para a Cámara Baixa as persoas máis votadas foron Lucía Vecino, Suso de Toro, Isabel Martínez-Risco e Tereixa Novo, e para o Senado, Xosé Luis Rivas Cruz e Secundino García.
Por alí pasaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e membros dos grupos municipais do BNG de toda a comarca de Bergantiños agás da Laracha, onde tamén houbo mesa. A pontecesá Lucía Vecino, que foi a aspirante ao Congreso con máis apoios, tamén votou en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).