Novena Cultural en Brantuas


Xa está en marcha a Novena Cultural que a Asociación Nosa Señora do Faro vai desenvolver a partir do vindeiro día 31 na Casa dos Veciños de Brantuas. Neste ciclo de actividades que durará unha semana completa a Fundación Eduardo Pondal participará con dúas actividades: unha Cova Céltica sobre o "Latín dos canteiros", dirixida por Xosé Manuel Varela, e un Non des a esquecemento arredor dos oficios dos canteiros en Brantuas, Niñósn e Cospindo, dirixida por Luís Antonio Giadás Álvarez.
Ademais, Xosé Manuel Varela presentará, xunto con José Maria Varela e Alberto Martínez Pose, o libro Comarca natural de Bergantiños de Salvador Parga Pondal.
Haberá cita cas regueifas da man de Suso Mandiñán e Antonio Carabel o luns 3 ás 20:30h. Haberá festa co grupo de gaitas Ferrado e medio, ou proxección de vídeos antigos da Festa do Faro. Entre outras moitas cousas.
Novas relacionadas
- Xabier Díaz pechou cun obradoiro de arrolos as sesións lectivas Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal.
- Recunchos da Costa: A Torre do Faro de Brantuas.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Edaurdo Pondal.