Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Unha novidade editorial lévanos de camiño con Pondal por Bergantiños

Con Pondal en Bergantinos-Libro Francisco Fernandez del Riego
Unha novidade editorial lévanos de camiño con Pondal por Bergantiños

O vindeiro martes 15 de novembro darase a coñecer na comarca unha novidade editorial sobre Francisco Fernández del Riego. Presentarase, na Fundación Eduardo Pondal do Couto, Ponteceso, ás 18:00 h, “Con Pondal en Bergantiños”, volume reeditado pola Editorial Galaxia dunha obra que xa vira a luz a comezos deste século.

Nela Fernández del Riego manifesta que Pondal é o seu escritor galego de referencia e ofrécenos un percorrido pola vida e obra do “poeta solitario que canta o mar e os piñeiros da costa brava” de Bergantiños.

Moderará o acto Diana Varela Puñal (avogada e escritora) e intervirán Víctor F. Freixanes (presidente da RAG), Valentín García Gómez (secretario xeral de Política Lingüística), Francisco Castro (director de Galaxia) e Xosé Manuel Varela Varela (o noso crítico literario).

Con este volume a Editorial Galaxia abre unha colección bibliográfica sobre Francisco Fernández del Riego. "É unha honra e á súa vez unha responsabilidade enorme para min ocuparme do libro que abre esta colección", recoñece o filólogo malpicán.

A inscrición para acudir ao acto pode facerse no seguinte e-correo: [email protected].

Comentarios