Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Un novo curso da Unidade Rural Aldea do Couto botou o peche

A Fundación Eduardo Pondal recibirá un dos Premios Agader
 

Familia da Universidade Rural do Couto en Allariz
A Familia da Universidade Rural do Couto foi de viaxe a Allariz durante o mes de maio
Un novo curso da Unidade Rural Aldea do Couto botou o peche
A Fundación Eduardo Pondal recibirá un dos Premios Agader

Este pasado venres tivo lugar o acto de clausura da Universidade Rural da Aldea do Couto. Outra demostración de que vivir na aldea é máis que posible, e que o berce da cultura pode residir perfectamente no rural se hai unha sociedade comprometida.

A Casa dos Veciños do Couto acolleu esta singular actividade desenvolvida ao longo deste primeiro semestre do ano pola Fundación Eduardo Pondal. Un espazo de convivencia para os maiores, que lles serve para aprender cousas novas da vida, viaxar ou adquirir novas habilidades nos ámbitos das manualidades, a artesanía, a informática, o patrimonio ou as tradicións, entre outros.

O acto recibiu a visita do director xeral de Inclusión Social Arturo Parrado, que destacou o traballo que leva a cabo esta fundación, pola súa contribución á dinamización social e cultural da zona. Ademais, sinalou que está en estudo posibles vías de colaboración coa entidade co obxectivo de continuar a fomentar a realización de actividades sociais dirixidas a persoas e colectivos en situación ou risco de exclusión social.

Premio Agader

A aldea pontecesá fica contenta ademais pois a Xunta vén de anunciar que a Fundación Eduardo Pondal é gañadora do Premio Agader na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial do medio rural, pola promoción da cultura a través da figura de Eduardo Pondal, co desenvolvemento de programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial.

Os premios entregaranse o vindeiro 21 de xuño nunha cerimonia no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Novas relacionadas

Comentarios