Nuba aprendeu a ler cos cativ@s de Ponteceso
18:37 15/06/18
Nenos de Ponteceso con Nuba de Cadelar
Como disfrutan os pequenos con Nuba, esa preciosa Golden Retriever de 4 anos con máis paciencia ca unha santa. A artista da iniciativa Cadelar, Intervencións Asistidas con Animais fixo gozar dunha xornada de fomento da lectura e de achegamento ao reino animal a 15 nen@s de Ponteceso.
O obradoiro de lectura asistida con cans foi todo un éxito. Tanto é así que no concello, e na prootora Clínica Veterinaria A Ponte, están convencid@s de que vai haber moitas peticións para que se repita.
Nuba deixouse sobar e ser utilizada como almofada, xogou cos nenos e as nenas e asistiu coma unha máis a todas as actividades do obradoiro, que foron moitas. Tocou ler (iso xa non foi a cargo de Nuba…) libros como “La niña que sabía de perros”, ou “Sultán non ten microchip, unha aventura dos Bolechas”.
Houbo tempo tamén de aprender a pasear a un can, peitear… e deixar claras as responsabilidades que afrontan as familias que queren vivir cun animal (como recoller as deposicións); así como os tesouros en forma de agarimo que se reciben do mesmo.