O alcalde de Ponteceso ponse unha dedicación exclusiva tras dous anos sen cobrar
Era un dos únicos dous alcaldes da comarca que non cobraba. Aló en 2015 prometía que ía ”traballar gratis para o Concello ata que dea enderezado o rumbo económico”, destacando que Ponteceso estaba nunha “situación de alarma financieira”.
Algo debeu cambiar a situación pois, dous anos despois, Lois Carballido, alcalde de Ponteceso (mantendo un goberno tripartito con BNG e independientes), levará á comisión informativa de Facenda e ao Pleno a súa adicación exclusiva. Así, despois de dous anos de mandato sen cobrar, se a comisión e o pleno (parece que contará cos apoios suficientes) comezará a cobrar unha dedicación de algo máis de 2.000€. Deixará así de compaxinar o posto de alcalde co que mestre de inglés no CEIP As Revoltas.
A situación coincide coa xubilación de José Manuel Verdes Pose, edil de APIN-Son, que estaba a cobrar unha adicación exclusiva, polo que a carga en soldos políticos para o Concello será a mesma, arredor de 150.000€ o que supoñen as 2 dedicacións exclusivas (alcalde e Carlos Penedo, edil do BNG) e 3 parciais.
Novas relacionadas
- Xullo 2015: Entrevista a Lois Carballido: “Vou traballar gratis para o Concello ata que dea enderezado o rumbo económico”.
- Xuño: 2015: Só dous alcaldes sen soldo nos Concellos da Costa da Morte.
- Domingo Guerra (febreiro 2015): Os límites dos soldo do alcalde.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).