Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O boneco Stabry deuno todo nas festas da Barquiña

O boneco Stabry deuno todo nas festas da Barquiña

De San Francisco a Ponteceso. Esta é a ruta do boneco Stabri nos últimos tempos, pero xa ten visitado 86 cidades de 18 países. Aquí, foi Cristina Santos Díaz quen o cuidou nas Festas da Barquiña de Ponteceso, onde tivo que estar a altura e non marchar a durmir en toda a noite.

A propia Cristina cóntanos a noite pontecesán: "Onte Stabri deuno todo nas festas da Barquiña. Primeiro fomos A Eira (bar típico de Ponteceso!) onde Stabri coñeceu a algunhas das miñas amigas, despues fomos a ver os fogos artificiais. Fixo moitas amizades, triunfou entre as mozas, e bailou desde a danza kuduro ata a ventanita do amor!!"

De contado este intrépido viaxeiro marcha cara, nada menos que Armenia...

Un longa viaxe

En dous anos e medio, Stabri, o boneco de trapo que viaxa pasando de man en man grazas á Internet, visitou máis de 86 cidades de 18 países repartidos por catro continentes e só neste ano percorreu máis de 96.000 Km.

Todo comezou cando dous creativos españois, Mariano Munuera e Anxo Téllez, decidiron experimentar ata onde poderían chegar os lazos creados desde Internet. Para iso idearon o boneco global, Stabri, que pasa de man en man viaxando por todo o mundo.
Na páxina www.stabri.com organízanse as viaxes de Stabri, de forma que o portador actual recibe propostas para que Stabri continúe a súa viaxe. De igual forma Stabri está presente nas redes sociais onde interactúa cos seus amigos e fans distribuídos en Facebook, Twitter, Tuenti, etc... Aí está o sentido, ti podes pedir que Stabri pase uns días contigo coñecendo e unindo culturas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios