O Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor atrae a pintores de todo o estado


Un dos obxectivos que se marcou a Fundación Eduardo Pondal co Certame de Pintura ó Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor era promover o turismo cultural na Costa da Morte. E abofé que o está conseguindo vendo o éxito de inscritos.
I é que o Certame está acadando unha repercusión tanto fóra da comarca como de Galicia dado que un bo número de persoas que se preinscribiron ata o día de hoxe proceden de distintas localidades do estado.
Pero tamén da casa. A comarca de Bergantiños estará representada por pintores participates de Laxe, Canduas, Malpica ou Carballo. Do resto do territorio galego hai presinscritas persoas de Vigo, A Coruña, Marín, Cambados, Vilarmaior, Barrañán (Arteixo) e Lugo.
E se ollamos ao resto do territorio do Estado, xa sabemos que virán pintores de Madrid, Ronda (Málaga), Valladolid, Fuenlabrada (Madrid), Tomelloso (Cidade Real) e Zamora.
Inscrición
Aquelas persoas que queiran participar ben o poden facer preinscribíndose no e-correo da Fundación ou presentándose no Centro Cultural de Ponteceso o propio día do certame.
Novas relacionadas
- Un certame de pintura nacional dende Ponteceso que une artistas e espalla cultura.
- Unha Escola de Verán distinta na Fundación Eduardo Pondal.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela Varela.