O certame de pintura Álvarez de Sotomayor colle impulso internacional
08:07 30/06/16
O domingo 24 de xullo tera lugar en Ponteceso o certamen de pintura ao aire libre
Ponteceso prepárase para vivir os vindeiros 22, 23 e 24 de xullo unha cita do máis internacional: o IV certame internacional de pintura ao aire libre, "Fernando Álvarez de Sotomayor".
A organización, que corre da man da Fundación Eduardo Pondal, ten organizado un intenso programa de actividades que comezará o venres, 22 de xullo, ás 21 horas no pazo de Sotomayor - en Xornes - cun concerto de San Simón Fiddle. A programación continuará o sábado, día 23, na praza do Recheo de Ponteceso cun certame infantil de pintura cordinado por Eloi Mancebo. Continuará coa subasta das obras pintadas a beneficio da asociación e a partir das 20 hroas haberá unh concerto musical infantil.
A animación musical volverá o domingo da man de Os Farrapos, Os Panchos de Jolfendro e Os Campantes. O grupo Inllar ofrecerá a partir das 12:30 horas unha actuación de baile tradicional e logo comezará a "Paleta de Sabores" cun roteiro de pinchos polos distintos bares de Ponteceso. Tamén haberá sesión vermú, entrega de premios, exposición e subasta e o fin de festa chegará cun solpor gastronómico-musical na terraza de A Eira.
Bases do IV certame de Pintura ao Aire Libre
O propio día 24 de xullo terá lugar o IV certame internacional de pintura ao aire libre "Fernando Álvarez de Sotomayor" en Ponteceso. Poderán participar un máximo de 100 artistas e cada autor presentará unha soa obra que non poderá asinala ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado.
A execución, o estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará exclusivamente ao redor da vila de Ponteceso. Os espazos da vila que se poderán pintar serán a praza do Recheo, o paseo fluvial, a casa de Pondal, a avenida Eduardo Pondal, ou a praza Campo da Feira da Trabe. A execución será directa diante do modelo paisaxístico.
Cada participante levará o seu propio material. Os premios en metálico, que estarán suxeitos á retención fiscal establecida, serán de 2.500 € e diploma para o primeiro premio; 1.000,00 € e diploma para o segundo; 700 € e diploma para o terceiro; 600 € e diploma para o cuarto; 500 € e diploma par ao quinto; e o sexto, sétimo, oitavo, noveno, décimo, décimo primeiro e décimo segundo levarán 400€ cada un e diploma.
Novas relacionadas
- Un certame de pintura ao aire libre e un novo Festival de música en Ponteceso
- Ponteceso reivindícase como referente turístico co II Certame de pintura ao aire libre
- O Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor atrae a pintores de todo o estado
- Un certame de pintura nacional dende Ponteceso que une artistas e espalla cultura
- Redacción QPC ([email protected])
- Fundación Eduardo Pondal