Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados

O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados
Festival ConVdeValares 2013

Os máis madrugadores da Axenda Sonora da Costa da Morte son sempre esta xente de Ponteceso. O Festival V de Valarés 2013 están en marcha. Este pequeno gran festival de música independente que "pon un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”, e que ano tras ano nos sorprende co seu cartel sólido e coherente de nomes recoñecidos no panorama nacional, polo cal pasaron grupos como: Xoel López, Sex Museum, Varry Brava, Mendetz, Guadalupe Prata, Eme DJ, Fuel Fandango, Grises, Dores, Pícaros Mutantes, Meu, Fuzzy White Casters...

Este 2013, no festival celebrarase o sábado 17 de agosto, coma sempre, no Espazo Natural da Praia de Valarés, Ponteceso. E o resultado son 24 horas de música, natureza e diversión.

Ademais, xa hai varios nomes de referencia. E o máis sonado é a volta de Los Coronas, que tralo seu rompedor paso por Valarés no 2010, volven para presentar o seu novo disco, "Adeus Sancho" (Tritone/Sony/Legacy). Un traballo co que pretenden crear a banda sonora dunha película imaxinaria. Unha película chea de "inmediatez, ritmo e unha aridez seca que lles afasta da praia e achégalles ao deserto" da música máis surf.

Estarán tamén El Columpio Asesino co seu cuarto disco. O grupo de Pamplona traerá a súa marca da casa: "son escuro, a tensión, o gusto polo acabado sofisticado e diferente".

E polo de agora, o terceiro artista confirmado (chegarán moitos máis), é Amable Dj, habitual na sala Razzmatazz e unha das iconas da música indie na cidade Condal.

Polo de pronto, deixámosvos cun vídeo resumo da edición anterior, pasada por auga...:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios