O Festival V de Valarés xa ten a imaxe dunha 10ª edición con maiúsculas
15:48 11/12/15
Cartel de Ale Giorgini para o Festival V de Valares 2016
Auténtico o traballo do gran ilustrador Ale Giorgini (Artwork), no cartel do Festival V de Valares 2016. Empresas como Warner Bros, Disney, Faber-Castell, Sony Pictures, MTV e cidades como New York, San Diego, Sidney, Roma ou Milán desfrutaron do seu traballo. Agora tócalle ao pequeno lugar de Valarés disfrutalo.
A referencia musical que pon a Costa da Morte no panorama “indie” internacional celébrase o vindeiro ano a fin de semana 12, 13 e 14 de agosto, de novo con 3 días de boa música e mellor ambiente. Xa que o paraíso natural do entorno pontecesán fai do Festival unha cita inesquecible para todo o que vén.
Será a 10ª edición do Festival V de Valarés polo que se esperan grandes citas. O propio Adrián Varela asegúranos que será unha “unha X edición con maiúsculas” e avanza que a semana que vén xa teremos algún nome.
Atentos á sesión vermú dominical pensada para toda a familia, toda unha referencia a nivel galego.
Polo de pronto, o primeiro cabeza de cartel… Galicia:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/VdeValares/videos/1266306260052001/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
#SomosValarés
#GanasdeValarés
Máis información
Novas relacionadas
- Valarés 2015: 2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés.
- VdeValares 2014: Un gran Festival VdeValarés pon Ponteceso no panorama indie internacional.
- VdeValarés 2013: A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra.
- VdeValarés 2012: A chuvia empapou a música.
- VdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Entrevista con Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona.
- Entrevista con Adrián VdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).