Martes. 15.10.2024
El tiempo

O I Camiño dos Faros Inclusivo xa ten data

O I Camiño dos Faros Inclusivo xa ten data
O Camino dos Faros INclusivo ira pola beira do Anllons ata Ponteceso O Camiño dos Faros Inclusivo irá pola beira do Anllons ata Ponteceso

Esta fin de semana arrinca a 6ª edición do Camiño dos Faros. Pero este 2016 ten unha novidade moi interesante. Pois xa está en marcha o I Camiño dos Faros Inclusivo que organizan confederación ANPAS GALEGAS e da federación de ANPAs Costa da Morte.

O sábado 2 de abril arrincará a expedición, accesible para todo o mundo, e que permitirá que as xentes con problemas de mobilidade disfrute da marabilla do noso litoral. Arrincará ás 15:00h cunha charla da man de Suso Lista no observatorio ornitolóxico do esteiro do Anllóns, dende onde se fará un roteiro pola zona, observandoas dunas do Monte Branco, o malecón do Couto para chegar ata a ponte de Ponteces. Visitarase o Melga, e despois tocará pinchos e concerto da Taskiband.

Datos de interese para participantes no I Camiño dos Faros Inclusivo PROTECCION CIVIL PONTECESO (RUBEN) 663117132 /660043855 (urxencia) CENTRO MEDICO PONTECESO 981714802 /981713664 GRUPO DE EMERXENCIAS 24 horas GESM 660043855 TAXIS PONTECESO Parada 981714110 Para Inscribirse: Cubrir os datos de “Inscrición roteiro” e devolvelo asinado a través do mesmo correo electrónico. Para inscribir menores de idade, facelo en PARA MENORES DE IDADE”. Devolver o pliego asinado a través de [email protected] Na federación de ANPAs da Costa da Morte e demais  colectivos organizadores debemos saber a cantidade de persoas que van participar no roteiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Anpas.

Comentarios