O Pazo de Meirás chega aos plenos costeiros


Será o BNG de Ponteceso, o primeiro grupo da comarca que leve ao pleno o asunto do Pazo de Meirás. Este luns 25 de setembro, o edil Carlos Penedo, que forma goberno con PSOE e APIN, presentará unha “moción de apoio ás iniciativas encamiñadas a impedir que a Fundación Franco, que ten expresamente entre os seus obxectivos a exaltación da figura do ditador, e mais á concienciación da necesidade de devolver á propiedade pública o que no fondo xa era público e só por ameazas e extorsión pasou ás mans do ditador, cuxa familia aínda o posúe e do cal seguen obtendo rendementos”.
Solicitarase, en concreto: “a designación de persoa non grata para a familia Franco e a fundación que recibe o mesmo nome no concello de Ponteceso, así como a adhesión á proposta aprobada en Sada para que as visitas ao Pazo de Meirás sexan xestionadas polo concello.para que as persoas visitantes reciban unha información axeitada”. Así como “que se tomen as medidas para evitar que usen este ben para facer apoloxía do ditador e que se ilegalice unha fundación con tales obxectivos”, sumándose á á iniciativa pola devolución do Pazo de Meirás.
Fonte
- BNg de Ponteceso.