O PP pontecesán denuncia a nefasta xestión municipal da tempada de verán


Pleno verán e o grupo da oposición do PP de Ponteceso salta á palestra. Faino para denunciar que “o goberno municipal de Ponteceso está realizando unha xestión nefasta da tempada de verán, pensando no tema das brigadas de incencios, nas de limpeza de praias e socorrismo, e coa limpeza de cunetas.
- Cuadrilla de incendios: segundo o PP, “ante un mes de agosto, ao igual que o verán, tremendamente seco, o señor Carballido non contratou cuadrilla de incendios, como o resto dos Concellos da Costa, perdendo ademáis a posibilidade de contratar a cinco persoas”.
- Limpeza de praias: “Son moitos os veciños que se están a queixar da falta de limpeza de praias. Papeleiras sen recoller diariamente, contentedores desbordados durante días, etc. Esto producíuse pola pésima decisión de contratar 8 homes en vez de 16, como se viña facendo ata agora, o que deriva en que non poidan acudir ás praias a diario, como deberían”.
- Cunetas das parroquias sen limpar: “Tamén se queixa a veciñanza das distintas parroquias, da falta da limpeza de cunetas”.
- Socorrismo: Considera o PP que a contratación “chega tarde, mal e arrastro, rebaixando pretensións e criterios nos procesos selectivos, con contínuas rectificacións, o que inflúe directamente na calidade do servizo. Ademáis non se presupostaron sete socorristas con fondos propios, como se fixo sempre, co que se perderon de contratar 7 socorristas e dotar dun mellor servizo ás praias do noso Concello. Recordemos que hai praias que carecen de servizo por non contar ca plantilla de todos os anos”.
Fonte
- PP de Ponteceso.