Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PSOE de Ponteceso anunciou polo Twitter o seu candidato

O PSOE de Ponteceso anunciou polo Twitter o seu candidato

"Lois Garcia Carballido, Candidato do PSOE á Alcaldía de Ponteceso". Así o anunciaba no seu twitter, ao máis puro estilo Obama, o PSOE de Ponteceso este domingo trala Asamblea Local do PSdeG-PSOE de Ponteceso. Lois foi elixido por unanimidade por máis dos 290 militantes, como candidato ás próximas eleccións municipais do 22 de maio de 2011 do Concello de Ponteceso.

A comitiva complétase con José Santos Rial como número 2 e José Mato Pet, actual Secretario Xeral, portavoz e membro da Executiva Provincial, que ocupará o número 3.

Lois García Carballido, de 36 anos, exerce como profesor de inglés, actualmente Director, no IES Agra de Raíces de Cee, está casado e ten un fillo de 6 anos. Con esta renovación, o partido espera alcanzar a Alcaldía de Ponteceso, aproveitando o gran traballo de oposición que ven realizando o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ponteceso.

Moción pola Casa da Cultura de Corme

Ademais o grupo manda a moción que vén de presentar para instar ao alcalde a "buscar un local axeitado para as actividades culturais en Corme ata que se constrúa a casa da Cultura". Lembra o PSOE daquela promesa do PP no 2009 pontecesán de crear o Centro Sociocultural e pide que se axilicen os trámites.

Novas relacionadas

Fonte

  • Twitter do PSOE de Ponteceso.
  • Nota de prensa da man de José Mato Pet, Secretario Xeral e Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE de Ponteceso.

Comentarios