O Roncudo recibiu unha visita sostible

08:27 13/08/12

Máis de 200 ciclistas de todas as idades percorreron esta fin de semana a fermosa Ruta cicloturística que organizou a Concellaría de Deportes do Concello de Ponteceso, rompendo a mellor marca de participación. Unha ruta que serve como aposta pola bicicleta como medio de transporte, e que xunto ao Día da Bici de Ponteceso, é un dos eventos revindicadores do uso da bicicleta por parte da veciñanza.
Unha ruta que partiu de Corme e que chegou ata o Faro Roncudo para voltar pola fermosa estrada que une ambos puntos. O máis importante é que ademais de servir para facer deporte, podemos comprobar que ademais a bici é un gran vehículo.

Novas relacionadas
- 200 persoas disfrutaron e reivindicaron o uso das 2 rodas no Día da Bici de Malpica.
- Posta de longo do Club Ciclista Cee.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
Fonte
- Concello de Ponteceso.