Venres. 22.11.2019
El tiempo

As dúbidas dos veciños de Corme sobre as obras da praia de Arnela

Obras na praia de Arnela de Corme
Obras na praia de Arnela de Corme
As dúbidas dos veciños de Corme sobre as obras da praia de Arnela

Tempo de eleccións e, como non, tempo de obras por Corme. O Concello está desenvolvendo unha serie de “melloras” na zona da praia da Arnela, en Corme, o que tratan de chamarlle un “lavado de cara”. Pero moitos dos veciños non están convencidos de que as obras vaian ser positivas. “Todo canto están facendo non vai valer de nada. Dentro dun ano, ademais de perder os cartos, vai volver todo igual”, sinalan dende a vila percebeira.

A primeira cuestión que valoran é o movemento de areas que está realizando cunha paleadoras. estiveron movendo as dunas, pero non deixaron a area onde a puidera levar o mar, senón que deixaron todo na parte alta, cheo de pedras. “Escallaron a praia”, sinalan. Nese sentido, consideran que a única solución é desmantelar o cauce de formigón, a canalización, que vai polo medio da praia, abrir o río pola zona de arriba e deixar que en inverno, cas enchentas, leve a area para o mar, e que en verán suba a area soa, como en todas as praias. “A area ten que ter o seu ciclo”, valoran.

Explíncannos os veciños que “o río está canalizado dende hai 30 anos porque antes era unha cloaca, porque non había saneamento. Pero agora está o río limpo, e podía estar o regato pasando por medio da praia en inverno, que ademais seca no verán.


Así baixa o regato pola praia de Arnela

Pregúntanse tamén se van funcionar as obras que se están desenvolvendo sobre o pozo negro que hai no mesmo lugar, que se enche de area continuamente. Para protexelo están levantando unha empalizada arredor do pozo, algo, que para moitos veciños “o único que vai facer é xuntarlle máis area dentro dese pozo”, e saturalo.

Ademais, dubidan se a área deportiva que están realizando xusto por onde pasa a canle de formigón, non vaia ser un perigo para a rapazada.

Comentarios