Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras

Os Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, primeiro prato do menú do Festiletras
Os Bos e Xenerosos da FEP Festiletras Os Bos e Xenerosos da FEP 2016

Arrincou este domingo o sabroso e variado menú cultural da 34ª edición da Festa das Letras Galegas máis importante do país. Ese Festiletras que convirte unha pequena aldea do rural na capital cultural de Galicia durante unha semana. E fíxoo cun evento especial, o galardón dun dos premios máis importantes da organizadora Fundación Eduardo Pondal: Os Bos e Xenerosos.

Este ano, os nomes dan conta do nivel ao que chega este galardón. O comprometido ornitólogo José Luís Rabuñal, que deixou os prismáticos e os as katiuskas e puxo a garabata; a actriz xalleira Isabel Blanco; a escritora e membro da RAG, Fina Casalderrey; e o músico Carlos Núñez. Un póker de verdadeiros astros da cultura galega que merecen un recoñecemento desta dimensión, que premia o respecto ás nosas orixes.

Arrincou o Festiletras 2016 Arrincou o Festiletras 2016 coa tradicional ofrenda floral Guadi Galego no Festiletras Guadi Galego no Festiletras Cervexa Estralla Galicia adicada a Pondal

Completaron a inauguración Mino e Mero ás guitarras, e a voz suave e fermosa de Guadi Galego, esa artista que xa non entende a Letras Galegas sen o Festiletras. E todo, nunha sesión estivo bañada con cervexa, despois de que a Estrella Galicia emitise unha edición especial adicada a Eduardo Pondal. Unha nova demostración dese marketin identitario que tan ben funciona nun país orgulloso de si mesmo como o noso.

Quedan moitos nomes por pasar polo Couto, non perdades o progama.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios