Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os coles de Ponteceso e Corme xa teñen Xornada Única

Os coles de Ponteceso e Corme xa teñen Xornada Única
Peques do CEIP Eduardo Pondal Peques do CEIP Eduardo Pondal durante unha visita especial Cada vez son máis os centros con Xornada Única. Ás veces costa conseguila poisson sempre maioría os pais e nais que así o prefiren. No CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso tiveron que chegar á 4ª votación para conseguilo. A última votación tivo lugar este pasado luns 28 de maio e, “por fin”, como sinala a ANPA Pondal, terán a xornada continuada no seu centro escolar para o curso que vén. A votación fíxose conxuntamente co CEIP As Forcadas de Corme, onde tamén se alcanzou a maioría de votos. No Pondal, dun censo escolar de 155 familias, a participación de 142 delas na votación deixa un resultado de 92 votos positivos e 50 votos negativos chegando así a alcanzar ese 58% positivo necesario para a implantación da xornada continuada. En Corme, cunha participación do 100%, foron 35 as famiias que votaron pola xornada única por 8 que votaron en contra. Polo tanto queda implantada a xornada continuada para os dous centros no próximo curso. https://quepasanacosta.gal/pais-e-nais-dos-coles-de-corme-e-ponteceso-votan-pola-xornada-unica/ https://quepasanacosta.gal/a-anpa-a-granxa-consegue-a-xornada-unica-no-ceip-bergantinos/

Comentarios