luns. 02.12.2024
El tiempo

Os socialistas piden que a Xunta apoie os actos de conmemoración do centenario do falecemento de Pondal

Os socialistas piden que a Xunta apoie os actos de conmemoración do centenario do falecemento de Pondal
literatas-eduardo-pondal As mulleres serán as protagonistas de "Literatas"; o acto número de cen organizado pola Fundación Eduardo Pondal no centenario do seu pasamento A deputada socialista Loli Toja presentará na Comisión de Cultura - que se celebra hoxe no Parlamento galego a partir das 10:30 horas - unha proposición non de lei a través da cal o grupo socialista esixe que a Xunta de Galicia colabore co concello de Ponteceso e coa Fundación Eduardo Pondal co fin de apoiar as actividades de conmemoración do centenario do falecemento do intelectual galego. Pese a figura de Eduardo Pondal, para os socialistas o "goberno galego actuou de maneira deficiente. Así, non se levou a cabo unha exposición sobre o autor, nin se promoveu congreso algún, tampouco se editaron textos coa súa obra e a súa biografía, páxina web para o seu relance ao mundo ou, incluso unha miniserie na televisión pública galega. Non hai que esquecer que estamos a falar do autor do himno galego, no centenario do seu falecemento" sinalan dende o PSdeG. Desta forma, hoxe presentarán a seguinte proposición non de lei: O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que con motivo do cumprimento do centenario do falecemento do escritor Eduardo Pondal, se implique institucionalmente e orzamentariamente na difusión e conmemoración da figura e da obra do intelectual, escritor e poeta pontecesán, a través de convenios de colaboración co concello de Ponteceso, no que se radica a súa casa natal, así como coa Fundación Eduardo Pondal, ambos activos emprendedores de actividades de conmemoración e homenaxe ao centenario do escritor.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios