Recunchos da Costa: Praia da Ermida
08:37 23/05/26
En fronte do porto de Corme, a apenas 25 minutos da rúa Real, no centro da vila, atópase unha desas praias marabillosas e salvaxes. A Praia da Ermida.
Un dos seus puntos fortes é o seu merendeiro agochado entre un bosque de piñeiros, ideal para os domingueiros e familias, con varias mesas de pedra.
Diante da praia atopamos a pequena Illa da Estrela, foco de ducias de lendas arredor da Vía Stella e onde hai restos dun pequeno castro e unha capela.
Ao remate do areal, atopamos tamén a fermosa cala/boleira de Río Covo, otro descubrimento do Camiño dos Faros.