Os trasnos continúan "pateando" a Costa

Despois do éxito da primeira etapa desta segunda edición do Camiño dos Faros, con máis de 120 trasnos, este domingo 29 de setembro os trasnos farán a segunda etapa deste Camiño dous Faros entre Niñóns e Ponteceso con 27 km, na que pode participar todo o mundo.

Se ben o sábado participarán no Roteiro verde polo Monte Pindo Parque Natural, o domingo volverán ao norte da bisbarra para seguir vertebrando a Costa da Morte a través do seu litoral.

A quedada será en Ponteceso ás 9:00 (á beira está o Bar Rosalía para tomar un café), e o bus (desta volta custará 3€) partirá cara Niñóns para ter os coches listos ao remate da etapa sobre as 19:30h.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).