Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido
A gran cita do Entroido de Ponteceso é a XXVIII edición do desfile de disfraces Ponte de Entroido, que volve á escena este ano na capital da localidade logo dun 2021 de parón. Será o domingo 27 deste mes e está pensado para que participen dende os máis cativos ata os maiores. En total repartiranse 3.000 euros en premios.
Partirá ás 17:00 horas da Praza do Recheo e finalizará no pavillón. En caso de chuvia, realizarase directamente no espazo interior. Media hora máis tarde será a quenda dos desfiles e das actuacións musicais e teatrais e, ás 19:00, chegarán os inchables e a animación.
A festa continuará o martes 1 de marzo no polideportivo de Corme co baile de disfraces. Dende as 17:30 horas haberá inchables e, ás 18.30, será a entrega de obsequios, o desfile e a animación. Os nen@s (ata doce anos) que vaian disfrazados e queiran participar no desfile levarán un agasallo.
Para concursar en comparsas e carrozas é preciso apuntarse antes do día 26 de febreiro ás 12:00 no teléfono 630 90 71 24. As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello: www.ponteceso.gal.
Máis programas do Entroido
- Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.