Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden colaboración veciñal para actuar contra as persoas que danan as novas árbores do malecon de Ponteceso

Piden colaboración veciñal para actuar contra as persoas que danan as novas árbores do malecon de Ponteceso
As novas árbores do malecón de Ponteceso están sufrindo a acción dalgún desalmado As novas árbores do malecón de Ponteceso están sufrindo a acción dalgún desalmado

Este domingo pola mañá volvían a aparecer árbores danadas no malecón de Ponteceso. A pesar de que o Concello está tratando de facer labores de vixilancia para evitar este tipo de accións vandálicas, algún desalmado ten a cobardía de facelo durante as madrugadas. Unhas accións que obrigan a repoñer continuamente algunha das 150 árbores plantadas nos últimos meses.

Para intentar evitar que este tipo de accións incívicas continúen producíndose, desde a área de Medio Ambiente faise un chamamento á colaboración veciñal, e pídese ás persoas que pasean polo malecón, que cada día son máis, que comuniquen ao Concello de Ponteceso calquera incidencia coa finalidade de poder actuar contra os/as responsables.

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios