Luns. 28.09.2020
El tiempo

Piden o remate das obras do edificio paralizado polos problemas financeiros de Élite en Ponteceso

O Solar e o edificio da Rúa Paseo Fluvial seguen esquecidos
O Solar e o edificio da Rúa Paseo Fluvial seguen esquecidos
Piden o remate das obras do edificio paralizado polos problemas financeiros de Élite en Ponteceso

Detrás do recheo, pegado ao río Anllóns, hai unha boa desfeita urbanística. Un edificio a medias, un solar abdandonado polos problemas financieiros da promotora Élite. Tras ser embargado, pasou a formar parte de Building Center de La Caixa, e foi vendida nun paquete a un grupo inversor. Dende entón ten habido algunha reunión co Concello pontecésán para conseguir que se remate o edificio conforme á legalidade e que se poida poñer en venda.

Ademais, parece que estas semanas algo se move para darlle saída a este problema. O pasado sábado, 31 de xullo, cinco operarios dunha empresa acudiron a desbrozar e limpar o solar do edificio.

O Concello de Ponteceso vai solicitarlle ademais ao grupo inversor a reposición da beirarrúa e a retirada da valla para que esa beirarrúa sexa transitable e accesible para os peóns e para gañar prazas de aparcamento.

comentarios