Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Pondal sumérxese no portugués

Pondal sumérxese no portugués
Voluntarias da Fundacion Eduardo Pondal na EMAX de Porto

De inmersión lingüística fala estes días a Fundación Eduardo Pondal. Xa van dúas semanas de curso de portugués a través da creación literaria, unha nova demostración de que a lingua veciña, unha das máis utilizadas do mundo, está poñéndose de moda. A Portugal tamén os alumnos do IES Fernando Blanco de Cee, tras realizar un curso voluntario en horario extraescolar, a Portugal tamén foron as bravas voluntarias da Fundación Eduardo Pondal "para mostrar a aldea do Couto ante a adversidade".

Concretamente o pasado venres un grupo de voluntarias da Fundación, e mais dos colectivos Inllar, Monte Branco e Con V de Valarés, estivo presente na EMAX do Porto, o chamado foro do asociacionismo xuvenil e a Feira de Emprendemento 'EMAX' entre Galicia e Portugal. Unha ocación para tecer redes co noso veciño a través a iniciativa dos máis novos, na que estiveron presentes as mellores representantes que a Costa da Morte puido enviar.

Non era a primeira vez que estas bravas mozas están presentes nunha destas feiras, pero os nervios aínda seguen presentes. I é que representar a toda unha asociación, unha aldea, e mesmo unha comarca ten a súa responsabilidade.

Alí compartiron unha morea de iniciativas emprendedoras. "Desde o cinema ata a gastronomía, deixando pegada no deporte, na escultura, na creatividade e en moitas máis facetas creativas. Con esta experiencia, collémonos das mans entre Galicia e Portugal coa finalidade de poñer mellor cara ó futuro", explican.
Contaron como traballaron na Escola de Verán, nas Noites do prácido luar, ConCANTOencanto ou no Festival con V de Valarés. E de feito, os asistentes agasallaron ao festival cunha imaxe coma este, que demostra que ata a mocidade portuguesa ten #ganasdeValares!

Porto tamen ten ganas de Valares

Así e todo, xa non lle podemos chamar canteira, pois estas bravas son toda unha realidade do potencial costeiro en materia de formación. E da mentalidade aberta coa que chegan e da que moitos temos que tomar nota, apunten: "Vivimos nunha pequena aldea da Costa da Morte pero o noso espírito ten ansia de enchouparse de novas experiencias doutros lares. Temos as portas abertas."

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP.

Comentarios