Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Unha pontecesá crea unha táboa para que as persoas xordocegas poidan disfrutar da emoción do fútbol

A pontecesá Ana Varcas co seu proxecto inclusivo
A pontecesá Ana Varcas co seu proxecto inclusivo
Unha pontecesá crea unha táboa para que as persoas xordocegas poidan disfrutar da emoción do fútbol
O pasado ano a nosa provincia branquiazul foi protagonista en toda España co “Proxecto Escoita”. Tamén estaba en marcha o “Proxecto Sentir a carrilana” antes de que o coronavirus paralizase as nosas vidas. Don dúas iniciativas de inclusión, para que as persoas cegas poidan disfrutar da emoción do fútbol en directo no campo de fútbol, e para que vivan o que é montarse nunha carrilana esteirá.

Na mesma liña, indo un paso máis, nace o novo proxecto da pontecesá Ana Varela Castro. A costeira, natural de Niñóns, vén de crear unha táboa para retransmitir os partidos de futebol a persoas xordocegas, no marco do proxecto escolar do módulo Intervención socioeducativa con persoas xordocegas, na formación de Mediación Comunicativa (MC) no Instituto Educacion Secundaria Anxel Casal-Monte Alto da Coruña.

A idea xorde nunha conversa co seu amigo, xordo, Rodrigo, “unha desas persoas coas que aprendes moito en temas de inclusión social”. Ana podía enfocar o seu proxecto tanto ao desenvolvemento da área da cognición, comunicación e linguaxe, motricidade, autonomía persoal, ocio e tempo libre, estimulación sensorial. Pero este vídeo dunha parella trasmitindo un partido para unha persoa xordocega abriulle os ollos.

Aí se puxo a realizar a táboa do campo de fútbol. E cóntanos como debería ser o seu uso. “O ideal é que haxa dúas persoas mediando. Unha colocarase detrás da persoa xordocega e signará ás/aos xogadoras/es realizando o signo na espalda. A outra colocarase de frente ca táboa no medio, e empregando a lingua de signos apoiada signaralle todo o que ocorra (como a entrada das persoas participantes, os comentarios, o que acontece no entorno e o propio xogo representando as xogadas na táboa)”.

A Salamanca

A táboa agora está en Salamanca, esperando un partido de verdade para que a súa familia poida facerlle unha retransmisión. E Ana explica por que viaxou tanto esa táboa:

”A miña labor profesional, sortemente é de mediadora comunicativa con dous usuarios xordocegos. Máis tamén participo en formacións e saídas lúdicas, polo que coñecín e manteño relación con persoas xordocegas. Nunha destas saídas coñecín a un home salamantino, é xordocego sen ningún resto funcional, polo que se comunica en lingua de signos e recibe a información agarrándolle as súas mans e empregando a lingua de signos apoiada. É un home con moitas capacidades, ás crianzas regaloulles uns bonecos feitos por el e tamén agasallou bolsos que el fixo. Pois a ese gran home, despois de lembrar todos eses momentos tan felices que nos dou, decidín que sería el quen desfrutaría dos partidos de futebol, que a el lle gusta tanto, con esa táboa”.

Outros proxectos inclusivos

Coxin inclusivo

Ana destaca outros dous proxectos que naceron do proxecto escolar: un coxín para potenciar a motricidade fina, no cal atopas cremalleras, roscas e máis obxectos cun nivel de dificultade progresiva. E outro que explicaba ás mulleres o seu ciclo mestrual.

Novas relacionadas

comentarios