Martes. 10.09.2024
El tiempo

Ponteceso abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación familiar Ponte-Cedo

Ponteceso abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación familiar Ponte-Cedo

Estes días varios municipios da Costa da Morte, entre eles A Laracha e Zas, anunciaron os seus programas de conciliación familiar dando a opción de que os nenos e nenas entren máis cedo nos centros educativos. Precisamente onte o Concello de Ponteceso abriu o prazo de inscrición para participar no programa de madrugadores e conciliación familiar "Ponte-Cedo".

Para o Alcalde, José Manuel Mato, este “é un servizo municipal que consideramos prioritario, xa que axuda a moitas familias do noso concello a compaxinar a rutina laboral co coidado das crianzas, facilitando a conciliación familiar”.

O servizo realízase a través da ampliación do horario de apertura das instalacións do CEIP Eduardo Pondal, dende as 07:15 ás 09:15 horas, ofrecendo un servizo de acollida, coidado e vixilancia. Vai dirixido a familias con menores escolarizados no
CEIP Eduardo Pondal que estean a realizar o segundo ciclo de educación infantil ou educación primaria. O prazo de presentación será de 5 días naturais, ata o 9 de setembro, debendo realizar a inscrición na actividade mediante os formularios establecidos ao efecto, nas dependencias municipais.

Conta cun número total de 24 prazas, que serán adxudicadas de forma directa se non se non se completa o límite, e no caso de superar o número máximo, a selección farase en base ao cumprimento de requisitos. Unha vez publicada a lista de admitidos, concederase un prazo de 2 días naturais para emendar a falta de documentación e presentar alegacións.

Comentarios