As familias de Muros terán servizo de madrugadores, municipal e gratuito, o vindeiro curso
O Concello de Muros pon en marcha o Servizo Municipal de Madrugadores 2024/2025, un programa de conciliación no
CEIP Plurilingüe de Louro, CEIP Ramón de Artaza y Malvárez e CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío durante o próximo curso escolar.
Este servizo de Madrugadores é gratuíto e xestionado polo Concello de Muros. O prazo de solicitude de inscricións comeza hoxe e remata o 30 de agosto.
“Con este servizo, damos resposta a unha demanda das Anpas e dos centros educativos”, asegura Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino, que presentou a iniciativa con Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade.
“O obxectivo fundamental é favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das familias que o precisen antes do inicio do horario lectivo”, engade Martínez.
O número de participantes será dun mínimo de 5 alumnos/as por centro educativo e un máximo 30 alumnos/as por centro.
Máis información e bases: https://lc.cx/TZdIou