Ponteceso busca casas voluntarias para o programa de compostaxe caseira

08:45 16/10/14

O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente, tamén se apunta a implantar un programa piloto de compostaxe doméstica no noso termo municipal. Seguindo a liña dos Camariñas e Carballo, o concello pontecesán busca 30 familias voluntarias para arrincar o proceso compostaxe doméstica.
Teñen que ser casas unifamiliares con horta. O Concello facilitaralles o material e a formación necesaria para poder realizar o proceso. Unha vez iniciado o proceso, o Concello realizará unha inspección e supervisión sobre o proceso de compostaxe para valorar a súa ampliación e facer un seguimento.
Os voluntarios poden anotase no 981 714 000 ext.18. Só se esixe un requisito. Vivenda unifamiliar con hora.
Máis información
Novas relacionadas
- Camariñas fai máis ecolóxica a agricultura caseira.
- Outras 50 casas da Camariñas únense ao programa de Compostaxe Caseira.
- 25 familias de Camariñas xa comezaron a compostar.
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- 50 casas de Carballo xa fan o seu propio compost.
- Cincuenta fogares de Carballo participan no programa de compostaxe caseira.
- 2009: Corcubión, entre os 10 concellos do estado que abren o proxecto piloto de Compostaxe Caseira.
Fonte
- Concello de Ponteceso.