![A ponte da Garga quedou visiblemente deteriorada tras as inundacions do pasado inverno]()
A ponte da Garga quedou visiblemente deteriorada tras as inundacions do pasado inverno
Ponteceso sigue sufrindo as consecuencias das graves inundacións de primeiros de ano. Por este motivo, o concelleiro de patrimonio do concello de Ponteceso, Carlos Penedo, acompañado do alcalde, entrevistarase mañá coa directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Ínsua.
O obxectivo deste encontro, segundo indican os nacionalistas de Ponteceso é
"acadar o compromiso e implicación da Consellaría para resolver o deterioro da ponte da Garga". Dende o seu punto de vista é imprescindible conseguir o asesoramento técnico e a aportación orzamentaria necesarias para a súa restauración.
Ademais dende o BNG de Ponteceso indican que a solución é imprescindible antes de que chegue de novo o inverno e con el o risco de maior desastre neste elemento arquitectónico do Anllóns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).