Luns. 27.01.2020
El tiempo

Ponteceso celebra nas redes, e na escola, o Día do Himno Galego

Dia do Himno Galego en Ponteceso 2019
Dia do Himno Galego en Ponteceso 2019
Ponteceso celebra nas redes, e na escola, o Día do Himno Galego

O 20 de decembro de 1907 tivo lugar no Gran Teatro da Habana (Cuba) a primeira interpretación solemne do Himno Galego. E para conmemorar esta data histórica, OConcello de Ponteceso e a Fundación Eduardo Pondal celebrarán mañá venres, por
segundo ano consecutivo, unha serie de actos con motivo do 112º aniversario da súa estrea.

Este mesmo venres 20 de decembro de 2019, a xornada arrincará cun recital poético que terá lugar no salón de actos do IES
Eduardo Pondal, no que participarán os alumnos/as de primaria do CEIP Eduardo Pondal acompañados polos estudantes de 3º da ESO. A partir das 10.00 horas, un total de 112 escolares darán lectura a algúns dos poemas máis coñecidos do bardo
pontecesán combinados coa música tradicional dos Gaiteiros do Centro Coreográfico, que tamén estarán presentes no acto. Ao remate, chegará un dos momentos máis emotivos da mañá coa interpretación conxunta do himno galego.

Pola súa banda, o Concello de Ponteceso tamén editou un cartel conmemorativo coa imaxe do poeta e a letra do himno así como un vídeo, realizado por Omar Rabuñal, no que aparece a cantante Irma Macías interpretando o que, sen dúbida, é un dos
símbolos máis respectados por todos os galegos e galegas, que se publicará ao longo da xornada nas redes sociais.

Comentarios