Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ponteceso comeza o mes de setembro entre leas e sen orzamentos

Ponteceso comeza o mes de setembro entre leas e sen orzamentos

Parece complicado ter orzamentos prorrogados dende 2017 e sacar peito sobre as contas municipais. É capaz o alcalde de Ponteceso de facelo, asegurando que este ano o Concello acada a maior cantidade de gasto da súa historia, 8,6 millóns de euros. Unha cifra que está vertixinosamente lonxe dos menos de 6 millóns aprobados en 2017, cando o concello aprobaba os seus últimos orzamentos xa chegados ao mes de outubro.

Unha situación que obriga ao PP a considerar “unha farsa a política económica do tripartito en Ponteceso. Por moito que o Sr. Carballido queira enmascarar a realidade económica da súa xestión con números sen sentido, a realidade desminte que o estén facendo tan ben”.

Lembran que a Conta Xeral do ano pasado presentada fóra de prazo, o que provocou “a perda de importantes subvencións autonómicas para o Concello, e lamentan que Ponteceso sigan sen presupostos oficiais para este 2018. “É máis fácil seguir xogando a inflar as contas ata o infinito, con presupostos prorrogados, así ocúltanse aos veciños o nefasto derroteiro económico que segue este goberno derrochador”.

Pola contra, o alcalde Lois Carballido saca peito falando de “orzamento” cando debería dicir “gasto”, silanando que o Concello alcanza unha “cifra histórica de 8,6 millóns de euros”. “O orzamento do PP nunca pasou de 4,5 millóns, mesmo inflando cifras de ingresos, e sempre acumulando débedas”, asegura o alcalde.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/veto-da-xunta-a-coristanco-e-ponteceso-por-non-presentar-as-contas-de-2016/

Comentarios