Ponteceso Cultura Permanente espalla diversas exposicións pola comarca neste mes de decembro
Non para o colectivo Ponteceso Cultura Permanente, que está organizando numerosas exposicións pola comarca.
Este mes de decembro ten dúas en marcha, unha en Ponteceso e outra no Parador de Lourido
Exposición no Cruce
O Bar o Cruce de Ponteceso, espazo habitual de mostras, acolle unha doble exposición de Isabel Soutullo, artista multidisciplinar de Coristanco. Ten presentado as súas obras principalmente na provincia da Coruña e especialmente na Costa da Morte. Interesada no concienciación do coidado da natureza, a igualdade de xénero e social.
Neste caso, presenta traballos en óleo e collage, ademais dunha singular serie de adornos de Nadal.
Expo no Parador
Ata o 28 de decembro, o Parador Costa da Morte acolle a exposición "Recreatio” de Diego Pérez Carpeño (Madrid, 1965), un pintor madrileño de formación autodidacta e carácter multidisciplinar que utiliza o acrílico, a acuarela, as tintas e o óleo nas súas creacións.
É un namorado da Costa da Morte desde que, aló polo ano 2020, a súa alma quedou enredada entre a algarabía das gaivotas, o que lle obriga a retornar, unha vez ao ano polo menos, para rescatala.
No ano 2021 gañou o primeiro premio do concurso de debuxo “Ponteceso co Camiño”, organizado por Ponteceso Cultura Permanente para promoción do Xacobeo 21/22 cun debuxo realizado coa técnica de coffee painting, tinta deleble e tinta indeleble sobre papel acuarela de 60x40.
Desde 2021 é habitual atopar a súa obra exposta en bar O Cruce de Ponteceso, no Museo Man de Camariñas e na Casa da Cultura de Cee.