Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Ponteceso Cultura Permanente une Edgar Allan Poe cos premios Pulitzer a través da poesía

Victor Vazquez e Pedro Larrea copia
Ponteceso Cultura Permanente une Edgar Allan Poe cos premios Pulitzer a través da poesía

Ponteceso Cultura Permenamente (PCP) organiza ”actos que sacan de rutinas de enxame onde case que todo se sabe como vai suceder”. E o vindeiro enlaza os premios Pulitzar con Edgar Allan Poe. Faino a través da poesía, coa visita de dous poetas especiais: Pedro Larrea e Víctor Vázquez este Será este 7 de xullo, ás 20.00 h, no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO); así como o sábado 8 d exullo ás 12:00h no hotel literario Bela Fisterra, e ese mesmo día no Dolmen de Dombate, ás 21.00 h.

Pedro Larrea licenciouse en Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade Complutense de Madrid, obtivo a súa mestría con tesina sobre Jorge Teillier e o doutorado con tese sobre Federico García Lorca na University of Virginia (Estados Unidos), onde é provesor.
Liu poesía na habitación universitaria de Edgar Allan Poe, na Biblioteca do Congreso de Washington, na Biblioteca Pública de Nova York, nas univesidades de Nova York, de Emory e de Kentucky, no Walt Whitman Birthplace State Historic Site, no Festival Internacional de Poesía de Granada (España), en Honduras, Bogotá, Colombia. É vicepresidente do capítulo occidental Poetry Society of Virginia (EEUU).

Pedro vai estar acompañado por Víctor Vázquez, poeta, músico, cormelán e galego. Realizou estudos de ciencias sociais nas universidades da Coruna e Autónoma de Madrid. Colabora como columnista de opinión para distintos medios da prensa escrita e os seus textos están recollidos en libros colectivos, antoloxías e revistas literarias de España, Estados Unidos e Uruguai. Publicou Barboletta, La canción del Leopardo e Los días siguientes.

Comentarios