![fotoxornes]()
Na xornada do pasado luns, 25 de xullo, foi inaugurado o novo Centro Sociocultural da parroquia de Xornes. Segundo o Concello de Ponteceso, “trátase dunha infraestrutura moi importante para a parroquia, xa que alberga un
grande movemento social e cultural”. O centro será utilizado polas distintas entidades da parroquia e polo Concello. Consta dun salón de actos, oficinas, e un servizo. Ademáis
está completamente habilitado para persoas con discapacidade.
No acto de inauguración estiveron o alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, o concelleiro de cultura Óscar Manuel Rey Calo, o concelleiro de infraestruturas, José Pose Facal, e a concelleira de deportes, María del Mar Durán Mato.
Logo das intervencións da presidenta da Asociación Cultural e o presidente da Asociación de Veciños de Xornes, os asistentes puideron desfrutar das actuacións do Grupo de Gaitas de Xornes e as Cantareiras de Limiñoa.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.