Ponteceso ponse de pinchos e rede
Varias novidades estes días por Ponteceso en clave gastronómica e tecnolóxica. E comezamos polo máis importante, comer.
I é que xa tivo lugar a Entrega de Premios do II Concurso de Pinchos de Ponteceso, que este ano gañou o Bar Abeiro de Ponteceso, co seu pincho de Tosta de Chicharróns con queixo do país. Ademais dese pincho o Abeiro tamén participou coa Hamburguesa de Polbo a feira que foi o pincho que quedou en segundo lugar.
Entregaron o Premio membros da Directiva da Asociación de Empresarios, Pepe Santos Presidente, Sandra Collazo, Vicepresidenta Sheila Rellán Secretaria e Vogal Fernando Rivera E por parte do Abeiro recibírono Mari García e os seus fillos Juan e Pablo Lista.
Visita tecnolóxica
Este mércores 10 de abril visitará Ponteceso a aula móbil de promoción das novas tecnoloxías do programa subvencionado pola Xunta de Galicia, Movistar Road Show Galicia. Estará na Praza do Relleno o mércores 10 de abril para difundir as novas tecnoloxías entre a poboación do noso Concello, con distintas actividaes tamén en centros educativos.
- Aula móbil situada na praza do Relleno de 11:00 a 19:00 horas. Participa e aprende!
- Obradoiros de navegación, pola mañá, no CEIP As Forcadas e no IES de Ponteceso.
- Charla- coloquio sobre o uso responsable de internet. No centro cultural de 18:00 a 19:00 horas. Público adulto.
Fonte
- Concello de Ponteceso.