Ponteceso prepara un Nadal contra o cambio climático


Unha das actividades para este Nadal en Ponteceso será achegarse á nova exposición sobre "O cambio climático. O noso mundo, o noso futuro a nosa opción". Este mesmo luns 5 de decembro é inagurada no Centro Cultural en Ponteceso ás 11.00h pola Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteceso, Beatriz Martínez Fernández.
Trátase dunha exposición cedida polo Centro de Divulgación Ambiental (CEIDA), baseada no proxecto CLARITY "Acción Educativa por el Clima". E ten como principal finalidade amosar o problema do cambio climático e dar a coñecer as medidas que permiten combatilo dunha forma lúdicodidáctica. Os máis importantes, os nosos pequenos, que a concienciación sexa real e efectiva.
A exposición estará no centro cultural en Ponteceso de luns a venres de 9 a 13.00h e de 16.00h a 20.00h. A exposición estará aberta ata o 9 de xaneiro, día no que cambiará para acoller outra exposición ata o 9 de febreiro outra sobre espazos mariños protexidos.
Moito máis nadal
Pero hai moitas máis cousas para este Nadal en Ponteceso. Primeiro o programa de conciliación da vida laboral e familiar que aguantará durante varias horas do día dos nosos nenos.
Pero hai moitas máis cousas:
- Campaña de prevención do VIH: o 1 de decembro repartirase información e material sobre esta temática (folletos e preservativos) nos diferentes centros municipais e no IES.
- Nos cursos de informática que se están levando a cabo nas aulas municipais de Corme e Ponteceso traballarase transversalmente a temática do Nadal.
- Concerto didáctico de Nadal: o 7 de decembro, ofrecido polo grupo Palitroque, dirixido ao alumnado de infantil e primaria de tódolos colexios do concello.
- Conferencia-Exposición dixital sobre a cabotaxe na Costa da Morte no século XX: o mércores 7 de decembro ás 19:00 h na Casa do Mar de Corme.
Programa deportivo:
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Ponteceso.