Venres. 11.10.2024
El tiempo

Ponteceso prepárase para a 4ª carreira pedestre

Ponteceso prepárase para a 4ª carreira pedestre
Son xa case 300 os corredores que están anotados na 4ª carreira pedestre de Ponteceso, que se inclúe no IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e que se desputará o vindeiro domingo, día 11 de xuño. Esta proba naceu co obxecto de dar a coñecer a ruta de sendeirismo PRG–148. A proba principal terá un percorrido de 8 quilómetros e unha duración máxima dunha hora. Trátase dunha carreira pedestre (50% asfalto e 50% terra - herba) que percorrerá varias das parroquias do concello de Ponteceso (Cospindo e Tella), discorrendo principalmente por vías de titularidade municipal, provincial e autonómica. Cortes de tráfico Con motivo da 4ª carreira pedestre do concello de Ponteceso que terá lugar o vindeiro domingo, día 11, haberá cortes de tráfico rodado en distintos momentos do día. Así, de 10 a 10:20 horas pecharanse ao tráfico as avenidas Eduardo Pondal e Bergantiños polo que se habilita un desvío provisional para o tráfico que será pola rúa Aduana, Agra de Tella e acédese a 419. Co fin de que se dispute a carreira 8K pecharase ó tráfico as avenidas Eduardo Pondal, Bergantiños e Médico Antonio Longa así como as rúas Vereda, Campo da Feira e avenida do Anllóns, a estrada de Currás e a AC-424 dende o quilómetro 1.100 (situado na marquesina do Couto) ata o quilómetro 0,000 durante a carreira. Habilitarán os desvíos correspondentes tanto para os que circulen dirección Cabana e Corme, e á inversa. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios