Martes. 19.03.2024
El tiempo

Ponteceso propón declarar o 2020 como Ano Internacional de Mourelle

2020 Ano de Mourelle da Rua
Ponteceso propón declarar o 2020 como Ano Internacional de Mourelle

O 24 de maio conmemórase o 200º aniversario do pasamento do cormelán Francisco Antonio Mourelle da Rúa, un dos ilustres fillos de Ponteceso. O almirante e explorador ten aínda moito que descobrer, de aí a necesidade de afondar na súa figura. Nesa liña vai encamiñada a proposta que o goberno municipal de Ponteceso vai presentar esta semana na Comisión Informativa de Asuntos Xerais previa ao pleno, para declarar o 2020 Ano Internacional de Mourelle.

A idea é crear unha comisión veciñal para a organización dos actos conmemorativos, despois da primeira toma de contacto entre diferentes personas. De feito, onte celebrouse xa unha primeira toma de contacto na que se puxeron sobre a mesa diferentes propostas.O Almirante e Explorador cormelan Mourelle da Rua

Nado en 1750m comezou a ter sona no seo da Armada Española gracias súa participación en varias expedicións organizadas pola Coroa dende a base de San Blas (México). Foi un precursor das viaxes do soado capitán James Cook, que tamén chegou a Alaska buscando un paso polo Norte do continente americano, e de feito, unha das illas que descubriu, no arquipélago «Discovery Islans», en Canadá, chámase precisamente «Maurelle», así escrito despois polos franceses, na súa honra.

Os seus restos mortais repousan no Panteón de Mariños Ilustres desde 1891.

Comentarios