Mércores. 01.12.2021
El tiempo

Ponteceso renova a sinalización dos seus principais recursos turísticos

Ponteceso renova a sinalización dos seus principais recursos turísticos
xose-regueira-lois-carballido Regueira con Carballido A través dunha subvención da área de Turismo da Deputación da Coruña, o concello de Ponteceso instalou paneis informativos co obxectivo de posta en valor dos recursos turísticos do territorio municipal co fin de dar a coñecer espazos como o cabo Roncudo, mar de Corme, a Pedra da Serpe, a vista panorámica do Monte Branco ou a casa natal de Eduardo Pondal. O deputado de Turismo - Xosé Regueira - reuniuse co alcalde de Ponteceso - Lois Carballido - para visitar a actuación de promoción turística no concello ademais de estudar as posibilidades do proxecto de recuperación integral da senda do río Anllóns. En total son nove paneis que achegan información dos principais recursos de interese turístico do concello e que reparan tamén de maneira especial no entorno do río Anllóns, espazo en que se situaron tres dos soportes no paseo fluvial de Ponteceso, en A Garga e no Campo do Río. Na súa visita, Xosé Regueira detívose de maneira especial no lugar de Saimía, na parroquia de Anllóns, un tramo do río con fervenza cun entorno natural de especial beleza con anguías, troitas e reos e un muíño que ate pouco estaba operativo. Xunto coa sinalización, a Deputación da Coruña financiou o deseño e elaboración de material de información de carácter turístico. “A sinalización dos principais recursos fluviaos é un primeiro e pequeno paso na actuación que o concello de Ponteceso ten pensado plantexar ao resto dos concellos da Comarca de Bergantiños, e que busca a recuperación integral do río Anllóns, como elemento de especial riqueza natural e de grande atractivo turístico na comarca”, sinalou Xosé Regueira despois de coñecer de primeira man a actuación desenvolvida desde o concello de Ponteceso coa colaboración da Deputación da Coruña. Novas relacionadas Fonte

comentarios